venres, 20 de febreiro de 2015

Fabricando COMADRES...

No Entroido realízanse un montón de actividades co fin de divertirse. Unha delas levámola a cabo na clase: construír uns monecos chamados mecos cos que despois xogar a persecucións. O tempo non nos acompañou e só puidemos facer a primeira parte, pero pasámolo igual xenial!

Para comezar había que enrolar páxinas de xornal, unhas horizontalmente e outras verticalmente, de modo que conseguiamos dous tubos de distintos tamaños.
A tubo pequeno faría de brazos da moneca e o grande de corpo.
No corpo pegámoslle un pedaciño de folio no que lle pintamos unha simpática cariña.

A segunda parte: envolver os brazos cunha roupiña chula. 

A continuación o corpo cun bonito vestido.

Unimos ambas partes puxémoslle perruca e o resultado quedou así de xenial!

Ningún comentario:

Publicar un comentario