venres, 26 de decembro de 2014
E agora... pasteleir@s!
Despois dunha boa comida sempre apetece algo doce. A sobremesa tamén correu pola conta do Equipo B!
Tocounos transformarnos en pasteleir@s para decorar unhas saborosas galletas.
Con chocolate ou caramelo, ao gusto d@s comensais!
Aperitivos de Nadal
Parecía incrible que as rapazas e os rapaces de 1º puideran transformarse en cociñeiros dentro da aula... Sen cociña, sen lume, sen batidora...
Pero fixémolo e quedounos realmente xenial!
Empregamos moldes con formas, pan de molde, crema de cacao, manteiga, virutas de chocolate e de sabores, pratos e coitelos de plástico e... moita imaxinación!
Despois de todo o esforzo o resultado case merece unha estrela michelín.
mércores, 24 de decembro de 2014
Preparativos navideños
Un festival parece moi sinxelo cando se vai de espectador, pero organizalo require de moito traballo e iso foi o que descubrimos as nenas e os nenos de 1º cando comezamos a organizalo. Había que preparar o escenario, as actuacións, o presentador...
Así o fixemos!
martes, 23 de decembro de 2014
A visita do apalpador
Unha apalpadora moi especial veu coñecer aos nenos e as nenas do Equipo B. Menuda sorpresa nos levamos ao ver a este ser tan especial.
O primeiro que imos facer e descubrir un pouquechiño da historia do APALPADOR e xogar con el. Animádesvos?
O agasallo gardaba sorpresas moi chulis o seu interior!
xoves, 4 de decembro de 2014
Que ben se nos dan os acertixos!
Menuda sorpresa nos levamos este xoves! Fomos os PRIMEIROS GAÑADORES DO CONCURSO DA BIBLIOTECA.
Durante un mes a biblioteca do noso cole está a organizar un ROTEIRO MATEMÁTICO. Cada semana propoñen un acertixo e os gañadores reciben un gran premio.
O equipo B foi o que máis participou con respostas correctas e velaquí o súper premio!
| DOUS LIBROS DIVERTIDÍSIMOS PARA A NOSA BIBLIO DE AULA! |
xoves, 27 de novembro de 2014
Que fácil é o abaco!
Ïsto das U e as D... É un pouco complicado, pero co abaco... Facilísimo! Se queres practicar un pouquechiño coas unidades e as decenas preme na imaxe.
martes, 25 de novembro de 2014
xoves, 20 de novembro de 2014
Que é unha árbore xenealóxica??
Menuda palabra tan especial! Xenealóxica!
Tratábase de recompilar información sobre a nosa familia pedindo axuda na casa. Tiñamos que descubrir como se chamaban as persoas grazas ás que estamos aquí. Por unha banda por parte dos pais, a familia paterna, e por outra por parte das nais, a familia materna.
O resultado quedou así de chulo!
martes, 18 de novembro de 2014
Mister Pemento!
Menuda sorpresa nos levamos o "Equipo B" ao chegar do recreo e atopar isto colgando da porta da clase.
Deseguida nos preparamos para ler a carta e comprender que facía aquí este ser tan peculiar.
Traendo un regalo así... Non podiamos rexeitar a un amigo máis no noso grupo.
Desde xa nos puxemos a gozar das lecturas que nos trouxo Mister Pemento.
martes, 11 de novembro de 2014
O Magosto no seu día: 11 de novembro
Chegado o 11 de novembro temos que facer algo especial polo Magosto.
Premendo aquí podedes escoitar o conto e facer as actividades.
sábado, 1 de novembro de 2014
xoves, 30 de outubro de 2014
O Magosto no Fermín Bouza Brey
A festa da castaña celebrouse en Ponteareas un pouquiño antes da data por mor do tempo e tamén porque os froitos se podían estragar se agardabamos ao 11 de novembro.
Preparamos e decoramos uns cornetes súper chulis para botar as castañas.
Recolleitamos todo o necesario e lanzámonos ao patio para festexar.
Que ricas as castañas! Que ben o pasamos!
domingo, 26 de outubro de 2014
O "EQUIPO B" XA ESTÁ AQUÍ!
Ola a tod@s!
Benvid@s ao "O EQUIPO B".
Este equipo está formado por todas as nenas e os nenos que dende principio de curso colaboran e están na mesma sintonía para poder conseguir unha meta común: APRENDER.
Aprender resulta imposible sen alguén que nos axude, nos escoite, nos corrixa ou nos ensine.
Por iso, todos somos necesarios neste 1º B!
África, Álex B, Álex R, Alicia, Ana, Borja, Brais, Carla, Daniela, Hugo, Iker, Itaisa, Jose, Lucas, Nayara, Stephi, Xoel e Yoli.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)




