xoves, 27 de novembro de 2014

Que fácil é o abaco!

Ïsto das U e as D... É un pouco complicado, pero co abaco... Facilísimo! Se queres practicar un pouquechiño coas unidades e as decenas preme na imaxe.

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~11001646/RECURSOS/contar.swf

martes, 25 de novembro de 2014

A xogar coas letras!

Co lapis dásevos moi ben escribir... E co rato? Preme na imaxe e poderás empezar co xogo.

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~11000642/TIC/pepe/html/menu3.html

xoves, 20 de novembro de 2014

Que é unha árbore xenealóxica??

Menuda palabra tan especial! Xenealóxica!
Tratábase de recompilar información sobre a nosa familia pedindo axuda na casa. Tiñamos que descubrir como se chamaban as persoas grazas ás que estamos aquí. Por unha banda por parte dos pais, a familia paterna, e por outra por parte das nais, a familia materna.
O resultado quedou así de chulo!

martes, 18 de novembro de 2014

Mister Pemento!

Menuda sorpresa nos levamos o "Equipo B" ao chegar do recreo e atopar isto colgando da porta da clase.


Deseguida nos preparamos para ler a carta e comprender que facía aquí este ser tan peculiar.


Traendo un regalo así... Non podiamos rexeitar a un amigo máis no noso grupo.


Desde xa nos puxemos a gozar das lecturas que nos trouxo Mister Pemento.

martes, 11 de novembro de 2014

O Magosto no seu día: 11 de novembro

Chegado o 11 de novembro temos que facer algo especial polo Magosto.

Premendo aquí podedes escoitar o conto e facer as actividades.

https://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/castaneira/contocastaneira.html

sábado, 1 de novembro de 2014