venres, 26 de decembro de 2014

BO NADAL!


Festival de Nadal

A historia do festival do EQUIPO B xa está aquí!

E agora... pasteleir@s!

Despois dunha boa comida sempre apetece algo doce. A sobremesa tamén correu pola conta do Equipo B!
Tocounos transformarnos en pasteleir@s para decorar unhas saborosas galletas. 
Con chocolate ou caramelo, ao gusto d@s comensais!

Aperitivos de Nadal

Parecía incrible que as rapazas e os rapaces de 1º puideran transformarse en cociñeiros dentro da aula... Sen cociña, sen lume, sen batidora...
Pero fixémolo e quedounos realmente xenial!
Empregamos moldes con formas, pan de molde, crema de cacao, manteiga, virutas de chocolate e de sabores, pratos e coitelos de plástico e... moita imaxinación!


Despois de todo o esforzo o resultado case merece unha estrela michelín.



mércores, 24 de decembro de 2014

Preparativos navideños

Un festival parece moi sinxelo cando se vai de espectador, pero organizalo require de moito traballo e iso foi o que descubrimos as nenas e os nenos de 1º cando comezamos a organizalo. Había que preparar o escenario, as actuacións, o presentador...
Así o fixemos!

martes, 23 de decembro de 2014

A visita do apalpador

Unha apalpadora moi especial veu coñecer aos nenos e as nenas do Equipo B. Menuda sorpresa nos levamos ao ver a este ser tan especial.
O primeiro que imos facer e descubrir un pouquechiño da historia do APALPADOR e xogar con el. Animádesvos?
https://dl.dropboxusercontent.com/u/50994681/apalpador/apalpador.html

Velaquí a visita foto a foto:
        

 O agasallo gardaba sorpresas moi chulis o seu interior!

Unha merenda saborosa e un cabaliño de madeira. Que máis se pode pedir?

xoves, 4 de decembro de 2014

Que ben se nos dan os acertixos!

Menuda sorpresa nos levamos este xoves! Fomos os PRIMEIROS GAÑADORES DO CONCURSO DA BIBLIOTECA.
Durante un mes a biblioteca do noso cole está a organizar un ROTEIRO MATEMÁTICO. Cada semana propoñen un acertixo e os gañadores reciben un gran premio.
O equipo B foi o que máis participou con respostas correctas e velaquí o súper premio!
DOUS LIBROS DIVERTIDÍSIMOS PARA A NOSA BIBLIO DE AULA!