Parecía incrible que as rapazas e os rapaces de 1º puideran transformarse en cociñeiros dentro da aula... Sen cociña, sen lume, sen batidora...
Pero fixémolo e quedounos realmente xenial!
Empregamos moldes con formas, pan de molde, crema de cacao, manteiga, virutas de chocolate e de sabores, pratos e coitelos de plástico e... moita imaxinación!
Despois de todo o esforzo o resultado case merece unha estrela michelín.
Ningún comentario:
Publicar un comentario