domingo, 22 de febreiro de 2015

Entroido = Diversión

O 13 de febreiro presentouse chuvioso... Que mágoa!
Malia que se tivo que suspender o desfile, pasámolo de marabilla cos disfraces e facendo pompas!
Algúns acabamos polos aires coas botellas de osíxeno como propulsores!
Foi xenial!

venres, 20 de febreiro de 2015

Fabricando COMADRES...

No Entroido realízanse un montón de actividades co fin de divertirse. Unha delas levámola a cabo na clase: construír uns monecos chamados mecos cos que despois xogar a persecucións. O tempo non nos acompañou e só puidemos facer a primeira parte, pero pasámolo igual xenial!

Para comezar había que enrolar páxinas de xornal, unhas horizontalmente e outras verticalmente, de modo que conseguiamos dous tubos de distintos tamaños.
A tubo pequeno faría de brazos da moneca e o grande de corpo.
No corpo pegámoslle un pedaciño de folio no que lle pintamos unha simpática cariña.

A segunda parte: envolver os brazos cunha roupiña chula. 

A continuación o corpo cun bonito vestido.

Unimos ambas partes puxémoslle perruca e o resultado quedou así de xenial!

sábado, 7 de febreiro de 2015

Quentando motores para o Entroido...

RECADANDO OSÍXENO!

Amor nun día de sol!


Por fin chegou o día no que puidemos lucir a nosa pancarta formada con un montón de palabras pacificadoras.
Ao principio parecía moi difícil conseguir que 24 palabras distintas, coas súas formas e cores se unisen para formar unha soa, pero conseguímolo! 
Así se logra a PAZ unindo esforzos de persoas moi distintas que teñen unha meta común: levarse ben e ententerse.

Quedounos xenial!

martes, 3 de febreiro de 2015

Quen quere coñecer a Z?

Outro extraterrestre divertidísimo chegou ao noso cole. Trae consigo un montón de xogos cos que axudarnos a aprender cousiñas moi interesantes.
Facede click na imaxe para descubrir cales son.
 
http://www.librosvivos.net/flash/Primaria_1/primaria1_trim2.asp?idcol=30&idref=%27%27